Fotola.es - Novo proxecto web surfeiro

No día de onte arrincou un novo proxecto costasurfeiro, Fotola.es. Fotola nace dunha dobre necesidade, por unha banda todos os que surfeamos gozamos cunha boa foto nosa facendo o que máis nos gusta, doutra banda os fotógrafos afeccionados ao surf teñen uns arquivos enormes de "anónimos" surfeando que nunca veran a luz, ou de cada sesión só verana unhas poucas fotos.

FOTOLA.es

Fotola.es proporciona aos fotógrafos unha plataforma onde sacar eses arquivos que gardan, e as fotos que vaian facendo a partir de agora, onde saímos todos os que andamos pola praia. Normalmente as fotos nas que saímos todos enchufaos nunha onda non vai gañar un premio de fotografia, asi que os fotógrafos, con moi bo criterio non adoitan polas nos seus blogs. En Fotola.es buscamos esas fotos, esas que vos fai ilusión ter, porque moitas veces só un fotógrafo anónimo e un surfer anónimo son testemuñas desa manobra que che saíu aquel dia. Agora tes a oportunidade de conservar ese momento.

Fotola.es pretende ser un punto de encontro de surfeiros de toda a peninsula e illas Canarias e polo tanto haberá fotógrafos de todo o Estado, é a primeira web do noso grupo que nace con carácter estatal, así que tamén estamos abertos a colaboracións con fotógrafos de todas as zonas, podedes enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para informarvos de cales son as condicións para participar. Queremos que surfers andaluces, galegos, canarios, cataláns, vascos... poidan comprar as súas fotos aqui, e que outros tantos fotógrafos desas zonas teñan a oportunidade de vender aqui as súas fotos.

O funcionamento de Fotola.es é sinxelo, a través dunha interface de comercio electrónico ao uso, podes engadir a foto, ou as fotos que queiras á túa cesta da compra, pagala via Paypal ou cartón de credito e tela inmediatamente no teu disco duro, a gran resolución lista para imprimirtela e pola na parede da túa casa.

O arquivo fotográfico de Fotola.es é algo pensado para ser orgánico, é dicir, irá cambiando e adaptandose aos poucos. utiliza os nosos buscadores ou navega polas categorias de imagenes da páxina. Tamén podes ver as máis votadas, as máis populares e as últimas que se han ir engadindo. Actualizarase a medida que os fotógrafos vaian subindo fotos e nós iremos informando puntualmente no foro de Fotola.es en costasurf.com

Pouco máis se pode dicir, só que convidarvos a entrar nas galerias e pensar que por un pequeno prezo 10€ (prezo final) ides ter unha foto vosa surfeando, de gran calidade esperando.

Fine e Clau.
Fotola.es


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.