Jet Resgate: Curso de Surf en Ondas Grandes e Moto de Auga

Os que teñades ganas de aprender a surfear ondas grandes na compaña de xente experimentada podedes contactar con Jet Resgate xa que van impartir un curso os días de 26 e 27 de Marzo e outro a primeira semana de Abril. As técnicas que van ensinar foron desenvolvidas ao longo dos últimos quince anos, con suxestións dos mellores Tow-surfers e nadadores de rescate mundiais. Algúns dos mellores Tow-surfers da actualidade foron adestrados por, Romeu Bruno, entre eles, Carlos Burle, Sylvio Mancusi e Eraldo Gueiros.

Garret McNamara e Brian Keaulana fixeron Tow-in por primeira vez con Romeu Bruno en 1994 en Makaha e en 1995 en Aligators.

Romeu Bruno estivo tres temporadas en Portugal formando un equipo de instrutores responsábeis polas formacións da Jet Resgate Portugal.

A Jet Resgate, comezou en 2007, en Portugal e xa realizou cinco cursos de Tow-In e Rescate con moto da agua en territorio nacional formando un total de corenta e dous alumnos. O curso será impartido polo Tow Surf, operador moto patrol e instrutor Jet Rescate Ramon Laureano.

Máis info en: http://jetresgat-portugal.blogspot.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.