Artlanticism Art Show Vigo - 23 de Abril en Vigo

Artlanticism é unha exposición que reúne pezas de Alberto "Ash" Santos e dos irmáns Mitch e Dillon Froelich sobre a costa atlántica europea e norteamericana. Trátase dun proxecto baseado na cooperación, cuxo obxectivo é reunir os diferentes puntos de vista sobre un tema común: o océano Atlántico. Artlanticism foi concibida como unha mostra de obras de pequeno formato, debuxos na súa totalidade, que mostran o estilo único de Ash, Mitch e Dillon.

O proxecto naceu como unha iniciativa dos artistas, partindo da relación entre Europa e Estados Unidos, e máis en concreto, entre Galicia e Florida. O mesmo océano e tres particulares puntos de vista. Artlanticism conta co apoio da firma estadounidense Volcom Stone.

Artistas

Alberto "Ash" Santos: Este artista vigués graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, é unha das figuras emerxentes con maior proxección. Relacionado coa escena artística do sur de California, colabora coa firma estadounidense Volcom Stone como Featured Artist. A súa obra está influenciada polo mundo do skateboard, o surf, o grafiti e o cómic.

Perfil en la Volcom Art Gallery: http://volcom.com/art/VolcomArt/detail.asp?id=86

The Froelich Brothers: Colectivo formado polos irmáns Mitch y Dillon Froelich, artistas estadounidenses residentes en Florida e relacionados coa escena de California, colaboran con Volcom Stone como Featured Artists, e a súa obra está marcada polo mundo del surf, o skateboarding e as súas frecuentes viaxes.

http://www.froelichbrothers.com/

Volcom Featured Artists

Volcom Stone leva apostando pola arte desde 1995 a través da súa prestixiosa líña de artistas destacados, ou Featured Artists, coa que colaboran Ash e os irmás Froelich, xunto a outros artistas como John Baldessari, Jimbo Phillips, Todd Bratrud ou Michael Sieben.

http://www.volcom.com/art/VolcomArt/index.asp


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.