Escolares de Carballo aprenden a surfear!

Os escolares de Carballo gozaron a pasada semana do seu primeiro contacto co surf. Foi grazas á iniciativa Artsurfcamp, un proxecto que achegou aos nenos á arte de enfrontarse ás ondas subidos a unha prancha de surf. A experiencia foi posible grazas á colaboración entre o Concello de Carballo, a tenda de surf Teirón, o Silfo Camp Escola e a Federación Galega de Surf.

Na xornada participaron máis dun centenar de mozos, que recibiron as nocións básicas dos monitores cordinados por Pablo Rodríguez. En primeiro lugar, os nenos realizaron unha serie de exercicios na praia, onde se afixeron, antes de entrar na auga, a manterse sobre a prancha e a manexala con destreza.

Aos máis pequenos víaselles impacientes por tomar contacto co mar, algo que conseguiron tras meterse nos neoprenos. Unha vez na auga destacou o empeño que os mozos e quizais futuros surfeiros demostraron para cabalgar as ondas e caída tras caída lograron mellorar a súa técnica.

O resultado final foi unha xornada inesquecible que moitos xa pensan en repetir.

Todas as fotos da xornada en:

http://www.flickr.com/photos/19393577@N06/sets/72157626905683897/

Fonte da nova:

http://tv.artsurfcamp.com/surf/escolares-de-carballo-en-el-artsurfcamp/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.