30 alumnos do I.E.S. A Guía aprenden surf grazas ao Clube WS-Xtreme!

O futuro do surf na nosa costa depende en gran medida da labor que fan os clubes da nosa costa a prol dos deportes de praia e nesta reportaxe enviada por Brais Comesaña do WS-Xtreme Clube tedes un exemplo dela. O pasado luns 17 de Outubro de 2011, 30 alumnos de Bacharelato do instituto I.E.S. A Guía de Vigo saíron das aulas para asistir a unha clase de iniciación ao surf na praia de Patos, durante toda a mañá os asistentes disfrutaron das ondas realizando actividades físico-deportivas e interaccionando co mar e os compañeiros.

Os rapaces chegaron en autobús a praia as 10:00h., dividíronse en dous grupos ao longo da mañá. Así mentres un grupo adicábase a práctica do surf, unha actividade para moitos atractiva aínda que descoñecida (desta maneira os alumnos vense motivados ao romper coas tradicionais clases de educación física), o outro grupo practicaba deportes na area coma o volley-ball ou o fútbol disfrutando desta fermosa praia do concello de Nigrán. A media mañá os grupos intercambiáronse e así todos puideron participar nas dúas actividades desta xornada, facendo deporte o aire libre e adquirindo novos coñecementos.

Non só se conseguiu  o achegamento destes rapaces ao surf, senón que tamén tomaron consciencia medioambiental, aprenderon a colaborar entre eles e a valerse por sí mesmos respetando regras de seguridade durante a realización de actividades motrices dentro da auga.

Esta iniciativa púxose en marcha a través do WS-Xtreme Clube  e o instituto I.E.S. A Guía coa colaboración da Federación Galega de Surf.

Fai click nas imaxes para ver esta galería de Fotos:

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2011/WSXTREME" previewWidth="139" previewHeight="90"}{/artsexylightbox}

Moitas grazas a Brais polas fotos e a reportaxe!

Webs relacionadas:

http://www.fgsurf.org/

http://www.wsxtreme.com/

http://www.facebook.com/groups/wsxtremeclub

http://www.edu.xunta.es/centros/iesguia/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.