A xente de Iron Mountain Surfboards e Patos Surf Galicia queren celebrar o Nadal realizando a rifa desta táboa de surf, as medidas son 5'10''x 18'' x 2' 3/16, unha táboa curta decorada a man por Hey Juddy.
As rifas estarán dispoñibles a partir de mañá sábado, por un prezo de 2 euros, na caseta do clube na praia de Patos e no café bar A Pola no paseo de Alfonso XII en Vigo.
O sorteo será realizado en xaneiro despois de do día de Reis.
Fonte da nova:
http://ironmountainsurfboards.blogspot.com/2011/12/rifamos-tabla-en-patos-surf-club.html