Se estades interesados en colaborar como monitores de surf pra traballar como voluntarios con xóvenes con alto risco de marxinación podedes contactar co Agar Agar Surfing Clube e enviarlle os vosos datos. O Surf pode axudar a moitas persoas a atopar un xeito de liberar a súa frustración e a superar os seus problemas persoais.
Requisitos:
- Monitor de surf titulado pola FGS.
- Valorarase experiencia con mozas.
- Desexar unha nova experiencia ensinando o que che gusta.
- Entusiasmo.
Valorarase:
- Titulado en Socorrismo Acuático.
- Coñecementos de dinamización grupal, lecer e tempo libre.
- Vivir preferiblemente en Provincia de Lugo ou A Coruña.
Os interesados, que se poñan en contacto exclusivamente con Agar Agar Surfing Clube:
Email:
Teléfono: 630.522.313