Xa se achega o entroido e como cada ano o Clube de Surf Patos organizará unha das súas xornadas mais divertidas. Os entroidos surferos de Patos 2013. Todos os surfeiros de Patos reunirémonos o sábado 9 de febreiro ás 11:00 da mañá para tentar surfear disfrazados. Xa podedes ir preparando a vosa imaxinación para conseguir ser o surfeiro mais creativo. Os nosos colaboradores premiarán os disfraces mais orixinais.
Un tema importante é que os disfraces non conteñan pezas ou obxectos que nos poidan danar ou quedar perdidos na auga. Os técnicos da escola de Surf de Patos realizarán unha inspección previa. E como aínda estamos no frío inverno nada mellor que un chocolate quente ao saír da auga.
Esperámosvos a todos.
Organizan: Patos Surf, Novalbos, Billabong e Iron Mountain Surfboards.