O proxecto de Camaramar.com nace da necesidade de contar cun espazo virtual para a visualización de praias e as súas condicións atmosféricas, espazo que exístía en outras comunidades pero non na nosa. Este proxecto comeza a súa andadura cunha primeira cámara situadada nunha das praias con máis actividades marítima da costa, a praia de Balieiros,a que se lle sumaron a de Doniños, Patos, Zurriola ata chegar ás 18 cámaras que funcionan a día de hoxe
Para celebrar este aniversario comezamos por un cambio de imaxen, que esperamos que vos guste!! Ademáis,estamos introducindo novas ferramentas que faciliten tanto as búsquedas de praias como o acceso ás condicións e prediccións meteorolóxicas das mesmas.
Gracias a todos os que creeron en nós e nos siguen cada día,seguiremos traballando, póñendo mais cámaras e sobre todo, disfrutando do mar!!