Nace SurferGarage a nova rede social de Surfing!

O pasada semana presentouse Surfergarage.com, a nova rede social horizontal enfocada ao mundo do surf nas súas diferentes modalidades. Dirixida a toda a comunidade surfeira apunta a calquera perfil de rider, desde o profesional do circuíto mundial até o surfeiro ocasional de verán. Calquera que comparta a paixón polas ondas e sexa usuario de novas tecnoloxías pode unirse.

Surfergarage.com é un novo proxecto que compila nunha soa plataforma utilidades de interrelación dispersas en diversas redes sociais e webs, engadindo importantes novidades como un quiver en liña e un útil motor de procura de persoas, material e ofertas de traballo, aloxamento e desprazamentos. Destaca, así mesmo, o directorio de marcas e empresas accesible ao público xeral que tratará de englobar a todo o 'who is who' do mundo do surfing (escolas, tendas, marcas, shapers, viaxes, asociacións, medios, etc).

Coas anteriores utilidades, Surfergarage.com pretende converterse na rede social de referencia do mundo do surf. Algo que moi pronto será un feito á vista do número de profesionais do sector que xa se están rexistrando.

+ info en:

http://www.surfergarage.com


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.