Roubo de Material Fotográfico en Cedeira

Avisamos dun roubo e solicitamos a colaboración dos riders de Ferrolterra, Valdoviño e Cedeira pra localizar ao autor do roubo de material fotográfico de gran valor Nikon D600 con óptica Nikkor 16mm, unha Tokina 28-70 F 2,8, outra Tokina 80-200 f 2,8 e un sigma 150 -500 F5-6,5.O roubo tivo lugar na surfhouse de Cedeira e o seu dono, que é un gran traballador a prol do surf galego, solicita a vosa axuda. Podes colaborar espallando esta info pra evitar que vendan o material nas Redes.

Podedes contactar coa Federación Galega de Surf se tedes algo de info sobre este roubo en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.