Presentación de Foam-TV.com

Foam-TV

Presentámosvos Foam-TV.com un novo proxecto online a prol do surf galego na Ría Vigo. Segundo os seus creadores, a idea naceu durante un de eses momentos nos que estás a beira da praia, despois dunha sesión, co pelo ainda húmido, vendo como surfea a xente. Preguntámonos: ¿Se en lugar de estar mirando para eles, colléramos unha cámara e grabásemos?

¿Cantas veces levas a cámara no coche, ca idea de turnarte co teu colega para surfear e grabar, e así ver os videos na casa? Ao final, nunca apetece e marchas sen grabar nada. Eu creo, que si alguén fixera o que facemos nos, e eu puidera ver algunha onda miña o día seguinte no meu PC, estaríalle moi agradecido.

Muelles desfasando en Prado

O noso proxecto vai dirixido principalmente a xente do surf, body board, long board e paddle surf, que surfea os spots das Rías Baixas. A meirande parte das sesións, as grabamos antes ou despois do noso baño, polo que os spots que aparecen, son os que mais frecuentamos. A parte de videos de producción propia, tamén compartimos outros videos, que pensamos que poidan interesar a xente que nos segue, e facémonos eco de novas do surf, poñendo especial énfase en aquelas que se refiran as rias baixas.

Derick Rey en Patos

Tamén tentaremos dar cobertura aos eventos que se organicen na nosa zona, para darlles a maior difusión posible.

Esperamos que os nosos contidos sexan da vosa interese, esforzarémonos por melloralos cada dia.

Un saudo e boas ondas!!!!

Podedes visitar a súa web en:

http://www.foam-tv.com


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.