Aviso de roubos na praia de Bastiagueiro!

Velaquí tedes un novo aviso sobre os roubos na praia de Bastiagueiro onde foron roubados varios coches de surfeiros no parking da praia. O último roubo foi o pasado día 1 de Xaneiro pola tarde xa que os ladróns non descansan nin os días festivos. Extremade as vosas precaucións e non deixedes nada á vista xa que están a romper as fiestras dos carros.

Dende a nosa web aconsellamos aos riders que leven bastante material no seu coche ou furgoneta a instalar unha alarma de seguridade que impida actuar aos ladróns en silenzo e sobre todo empregar candados para gardar as chaves do carro e nunca deixalas no amortiguador ou no tapón da gasolina.

Por favor deixade os vosos comentarios nesta nova se tedes info o sospeitas de coches de ladróns habituais nesa zona.

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com