25 anos surfeando con Novalbos!

Este ano a mítica tenda Novalbos de Vigo cumpre o seu 25 aniversario e queremos darlle os nosos parabéns por ser unha das tendas históricas que sobreviven na nosa costa e tamén agradecerlle o seu traballo a prol do surf nas Rías Baixas.

En 1989 nacía como tenda de submarinismo, skate e surf grazas ao traballo de Pedro Novalbos pai e dos seus fillos Alfonso e Pedro que sempre están na tenda atendendo os surfeiros que pasan por ela.

Esta surf shop viguesa de sempre axuda e surfistas, skaters, snowboarders da nosa comunidade nas competicións de cada modalidade. Tamén organiza eventos de surf, campionatos de skate e descensos de longskate na comarca de Vigo.

Pai e fillo representan a historia do surf do galego na cidade de Vigo.

Pedro Novalbos é tamén presidente e creador do Patos Surf Clube e levan organizados 23 campionatos de surf en Patos, o Patos Surfing Day e os Papa Noeis surfeiros cada Nadal, a súa ultima aventura foi o ano pasado a exhibicion de surf nocturno que congregou a mais de 3000 persoas na praia de Patos o pasado mes de agosto.

Tamén formaron parte co club Patos da creacion de AGASURF, a primeira asociación surfeira de Galicia que foi o xerme de actual Federación Galega de surf e posteriormente da federacion Española

Novalbos Surf Shop

Novalbos é un exemplo a seguir de como facer traballo de base e apoiar sempre o surf sen preocuparse dos beneficios futuros. Debaixo tedes unha galería de imaxes da tenda feita por nós mesmos a semana pasada e así  podedes facer unha visita virtual da súa tenda, que por certo, recomendamos a todos os nosos lectores.


Debaixo tedes unhas fotos recientes da tenda e do material de surf, skate e submarinismo que podedes atopar. Apoiade a Novalbos e comprade este veran nesta tenda viguesa que é un pilar importante do surf das Rías Baixas!

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2014/novalbos" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}

Organiza NOVALBOS ou son sponsor principal:

  • Test de tablas de surf pukas en Maio
  • Exhibición de FLYBOARD - Xuño
  • Patos surfing day – 21 de Xuño
  • 2º Truko o Trato skate contest – 22 de Xuño
  • Concurso de fotografía (facebook) – Xuño e Xullo
  • Surf Nocturno:Os patos surfean de noite – 17-18 de agosto
  • Campeonato galego de surf open – 6 e 7 de setembro
  • Hallowen, tarde terrorífica de surf - 31 outubro              

Colaboran co clube Patos ou con outros Clubes e entidades:

  • Carnaval en patos - 2 de marzo  
  • Doble ko (break dance)- 3 de maio
  • Baixada O INFERNO 2014 – 24 e 25 de maio
  • Semana azul Baiona - Maio e xuño.   
  • Bmx o Caldeiro – 28 e 29 xuño     
  • Campionato de skate "La nave de tc" – maio
  • Papa noeles surfeiros - 24 de Decembro.
  • Fin de semana na neve en San-isidro – 27 e 28 de Nadal.

Seguide atentos porque en breves imos sortear varias camisetas especiais do 25 aniversario de Novalbos Surf Shop.

Podedes visitar a súa web e Facebook en:

https://www.facebook.com/novalbos.wavecompany?fref=ts

http://novalbos.com

https://www.youtube.com/user/NovalbosSurfShop

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com