Xornada de Nadal do Prado Surf Clube - 26 Dec.

Como vén sendo habitual nestas datas o Prado Surf Clube organiza o vindeiro sábado día 26 de decembro ás 12.00 horas a tradicional XORNADA DO NADAL na Praia de Patos, na cal todos os asistentes vestímonos de PAPA-NOEIS SURFEIROS e gozamos dunha mañá de surfing do Nadal imitando á tradición australiana. Tod@s os que queirades asistir estades convidad@s, si necesitades material (táboa e/ou neopreno) non vos preocupedes o clube coa colaboración do Concello de Nigrán e da Federación Galega de Surf proporcionarávolo. Ao finalizar a Xornada gozaremos duns petiscos e sobremesas do Nadal.

O mesmo día 26 ás 21.30 horas celebraremos a CEA ANUAL do clube, aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran participar, coa que pechamos o ano de actividades e na que proxectamos un vídeo resumen das mellores imaxes do 2009, cursos, actividades e viaxes realizadas ao longo de todo o ano. O prezo da cea é de 12€ e realizarase no Hotel Sotomayor (Nigrán), é necesario confirmar a asistencia antes do venres día 25 de decembro.

Aproveitamos para desexarvos unhas FELICES FESTAS, esperemos que cheas de boas ondas, e un próspero ano 2010, no cal o Prado Surf Clube seguirá traballando duramente pola promoción do surf e a organización de actividades relacionadas con este deporte.


Web do Prado Surf Clube: http://www.pradosurfescola.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.