Novos cursos Prado Surf Escola 2010

Comeza un novo ano na Prado Surf Escola, o balance do 2009 foi moi positivo destacando que por 4º ano consecutivo recibimos o título de MELLOR CLUB GALEGO por parte da Federación Galega de Surf. Este próximo fin de semana días 9 e 10 de xaneiro iniciamos a nova tempada de clases de surf e bodyboard nos niveis de iniciación, perfeccionamento e adestramento.

Video das actividades do 2009


Necesitamos que aquelas persoas interesadas en comezar un curso ou ben continuar nos mesmos confirmedes a vosa asistencia co obxecto de renovar as respectivas licenzas federativas.

Aproveitamos para comentarvos que creamos un perfil da escola na rede FACEBOOOK coa idea de publicar periodicamente vídeos e fotos da escola, e mantervos informados as actividades que organicemos. Si estades interesados en participar: Buscarnos na rede FACEBOOK polo correo da escola:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .  E solicitar:  "Agregar aos meus amigos".

+ info:

PRADO SURF ESCOLA
Tlf. 636 024 702
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.pradosurfescola.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.