Búscase unha prancha de surf perdida...

<Oeste Surf - O compañeiro Alberto escríbenos xa que onte deixou esquecida a súa prancha de surf tras un baño na Cala, en Porto do Son, na Ría de Muros e Noia. Pasounos a todos cousas parecidas, así que tentemos colaborar todos con el. É unha Pukas 6'3'' do shaper Brian Ingham (como vedes xa ten tempo), está vella, duns 7 anos, con reparacións feitas polo propio Alberto.

Non é unha prancha nova, nin ten un valor no mercado... soamente o valor sentimental que Alberto comenta... "podo gratificar cun tattoo xa que é a miña profesión ou un módico prezo a cambio xa que lle teño moito afecto sentimental por ser a prancha coa que pillei as miñas primeiras ondas no océano". O máis significativo para recoñecela son unhas reparacións amarelas na cola e dúas quillas laterais vermellas e unha central negra e recortada... cunhas lapas a lapis no bottom.

Grazas de antemán á colaboración de todos vós e a ver si conseguimos que Alberto recupere a súa prezada táboa... sentirvos libres de difundir o post, grazas.

Fonte do artigo:

http://www.oestesurf.com/$weblog/2010/01/22/a_ver_si_recuperamos_esta_tabla_se_ha_perdido

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.