Patos Surf Escola: nova "empresa amiga"

PATOS SURF ESCOLAComezamos esta semana coa boa nova do apoio de Patos Surf Escola ao noso proxecto informativo na rede. Esta escola de surf leva traballando dende 1993 no Concello de Nigrán ensinando surf e bodyboard. O apoio de Patos Surf Escola é dentro do noso programa "Empresa Amiga" que leva xa un ano funcionando e que esperamos manter nos vindeiros anos.

Dende SurfGZ queremos aproveitar estes artigo pra darvos as grazas polos emails de apoio que recibimos de moitas persoas que len a nosa web.

Podedes ler a ficha técnica do noso novo sponsor premendo dende esta ligazón.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.