Bo comezo no Surfusiom 2010!

Ás once da mañá comezaron as primeiras mangas do Deeply Surfusiom 2010 con pouco vento e ondas de ata metro e medio nas series que fixeron posible un bo espectáculo en Penencia, na praia de Doniños. 

Entre todos os riders destacan catro ferroláns que seguramente llo porán moi difícil aos 'pros'. Todos eles accederon á competición a través de wild cards - invitacións - brindadas pola organización da DEEPLY-SURFUSIOM 2010. Nacho García, Campión de España de Bodyboard en 2006, é a principal baza local. García estará perfectamente acompañado do recente Campión de Galiza, Brais González; así como de Iván Castelo, subcampión absoluto e Campión Galego Júnior; e de Iván Manso, un dos 'corcheiros' locais con máis progresión dos últimos tempos.

Os intereses ferroláns na modalidade de drop-knee, pola súa banda, estarán perfectamente defendidos por Yiyi Obenza, terceiro o pasado ano na proba internacional de Doniños.

Máis info e fotos en: http://www.deeplysurfusiom.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.