Todo preparado para o XXVII Luso Galaico en Afife

O Surf Clube de Viana e a Federación Galega de Surf van celebrar o XXVII Luso Galaico – Viana Surf City Festival 2026, unha das probas máis tradicionais do calendario galego-portugués, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto na Praia da Arda "Mariana", en Afife, Viana do Castelo.

A competición reunirá deportistas de Galiza e Portugal nas modalidades de surf, bodyboard e longboard, tanto en categoría Open como Feminina, reforzando os lazos deportivos entre ambas comunidades e consolidando este evento como unha cita de referencia no noroeste peninsular.

O evento conta co apoio de entidades como Viana Desporto, a Federação Portuguesa de Surf, o IPDJ – Instituto Português do Desporto e Juventude, a Fundação do Desporto, a Xunta de Galicia e a World Surf Cities Network.

Os interesados poden formalizar a súa inscrición a través da plataforma LiveHeats e prepararse para unha fin de semana de competición e convivencia entre a comunidade surfista galega e portuguesa, nun escenario privilexiado como é a costa de Viana do Castelo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.