1ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard na Praia da Frouxeira - 25 de Febreiro

Xa está aberto o prazo de inscripción para a 1ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard na praia de Frouxeira en Valdoviño organizado pola Federación Galega de Surf e a Escola de Surf Pantín os días 25 e 26 de Febreiro. O evento vai ser aberto e coas modalidades de homes e mulleres. Haberá trofeos para os 4 primeiros clasificados e o custe de participar é de 25 €.

A confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30  a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179  antes do xoves 23 de Febreiro as 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) Nome competidor
3º) DNI
4º) Modalidade
5º) Categoría
6º) Nº de licenza
7º) Nome do técnico (se fose o caso).
8º) Teléfono de contacto.

Máis info en:

http://www.fgsurf.org/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.