Ábrese o prazo de inscrición para a 2ª Proba Open de Bodyboard que vai ter lugar na praia de Valcobo a fin de semana dos días 24 e 25 de Marzo. O vencedor do evento gañará unha viaxe patrocinada por Ryanair e tamén haberán moitos premios e material para os catro primeiros clasificados.
CAMPIONATO: 2ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard.
ORGANIZA: FGS coa colaboración de New Wave.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Arteixo, Onda, 3Sesenta, TSP e Ryanair.
DATA: 24/25 de Marzo
LUGAR: Praia de Valcobo.
CATEGORÍAS: Open masculino e Open femenino.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADE: BODYBOARD.
PREMIOS: bodyboards, neoprenos, inventos, entre outros moitos premios para os 4 primeiros clasificados.
E para o primeiro clasificado habera unha viaxe patrocinado por Ryanair ¡!!
PREZO: 25€
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:
Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179 antes do Xoves 22 de Marzo as 13:00 horas.
Lembrade que o xoves as 13:00 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna (en caso de ser menor de idade) e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail (
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 22 de Marzo as 13:00 horas.
+ info en: www.fgsurf.org