Acabamos de recibir vía o Twitter de Alexandre González o aviso da cancelación do Surfusiom 2012 por mor da falta de apoio económico a unha das mellores probas da nosa costa. Na web de IBA Tour tedes toda a info do anuncio feito por Toni Obenza. A proba portuguesa de Sintra tamén ten problemas económicos e cancelaron a proba de DK e mulleres.
Alex Uranga foi o campión na proba 2011. A continuación tedes un vídeo coas mellores imaxes do derradeiro día do ano pasado:
Fonte da nova: