Xa está convocada a 1ª Copa Galicia de Bodyboard, un campionato organizado pola Federación Galega de Surf, Karpe North Coast e Amarosa Clube. Este evento vaise realizar o día 19 ou 20 de Decembro e pode ter catro localizacións posibeis dependendo das condicións meteorolóxicas para estas datas. Entre as catro ondas elixidas para o campionato a principal é 'A Curva', unha onda que rompe ao oeste do Porto de Burela, enfronte do paseo marítimo. No caso de ter boas previsións o evento pode ser realizado en Valcovo, Barreiros ou Doniños.
Haberá categorías Sub-16, Sub-18 e Open. Premios en metálico e en material técnico valorado en 1.500€ para a localización principal na Curva.
Este evento está patrocinado por Abanca, Dunes Europe, New Wave, Atlas Distribution, Ya te comeré, Tsp, Kannion Bar, SurfGz, Surfmarket.org e Oxigeno Surf School e Concello de Burela.
{fcomments}