Por mor da pouca consistencia do swell desta fin de semana temos que anunciar a cancelación do evento esta semana e a nova convocatoría para o mes de Xaneiro da 1ª Copa Galicia de Bodyboard. Este campionato ten como obxetivo principal a calidade das ondas e a procura de condicións potentes pra dar o maior espectáculo e ver o verdadeiro potencial dos nosos riders.
Decidiuse aprazar o campionato ata que empecen a entrar as tormentas con máis forza e mellor dirección para o spot. As novas datas serán o 9, 10, 16 ou 17 xaneiro, onde cadran mareas para poder ter suficientes horas de competición. Como podedes ver na info do evento o parte mínimo necesario para que se dea o visto e prace para realizar a proba serian de 2 m de dirección norte na boia que se atopa ao norte de San Cibrao.
Este Campionato conta co apoio da Federacion Galega de Surf, New Wave, TSP - The Surfeiros Piratas, SurfGz Web, Dunes Wetsuits Europe, Tripsurfgalice Surfhouse, ATLAS Distribution, Surfmarket.org e Oxígeno Surf School.
{fcomments}