Xa temos o trailer do vídeo de presentación da Copa Galicia de Bodyboard que está en fase de confirmación e que vai xuntar aos millores riders da nosa costa nun potente spot das Rías Altas con premios de 1.500€ para os vencedores.
Este campionato de bodyboard está organizado pola Federación Galega de surf, Karpe north coast e Amarosa Clube, é unha proba enfocada a buscar o máximo espectáculo realizado polos mellores riders das nosas costas. En ondas onde o bodyboard póidase levar ao límite cunhas condicións duras e difíciles como as que se dan en Galicia cando o mar mostra todo o seu potencial.
A proba realizásese o día 9-10-16 ou 17 de xaneiro e terá 4 localizacións posibles dependendo das condicións do tempo para esas datas, a localización principal é A Curva, unha onda situada ao oeste do porto de Burela, enfronte ao paseo marítimo. O parte necesario para realizar a proba na Curva sería de ondas de dous metros de dirección norte. Se houbese menos mar pero con vento sur a proba realizaríase en Valcobo ou Barreiros e con vento nordés en Doniños, Modalidades de sub16, sub18 e open, as inscricións terán que facerse por adiantado despois de que se indique a data e a localización final da proba.
Premios en metálico e en material para modalidade open por valor de 1500 euros se a proba realízase na Curva, se non variarían dependendo do anuncio e o parte de ondas que se espera para o día do campionato. Este Campionato conta co apoio da Federacion Galega de Surf, New Wave, TSP - The Surfeiros Piratas, SurfGz Web, Dunes Wetsuits Europe, Tripsurfgalice Surfhouse, ATLAS Distribution, Surfmarket.org e Oxígeno Surf School.
{fcomments}