Resumo do 1º día do SURFUSIOM 09

SURFUSIOM 09 - Con ondas de aproximadamente un metro entraba á auga a primeira manga de bodyboard na modalidade de deitado para continuar despois coas mangas de Drop Knee.

As ondas máis destacadas da xornada en deitado foron as de Jorge Colomer e Aritz Larrinaga cunhas puntuacións de 8.00 e 7.50 respectivamente e na modalidade de Drop Knee os riders máis destacados foron Ardiel Jiménez e Rubén Franco ambos con ondas de 6.25.


Dos surfeiros locais, só Nacho García e Yiyi Obenza lograron o pase á seguinte rolda en Drop Knee, quedando eliminado na primeira rolda e na modalidade de deitado o destacado competidor ferrolán Jorge Bruquetas , ao contrario que Mitch Rawlins competidor australiano que parte como favorito para coarse entre os Top 16 que aproveitou a primeira manga do día pasando á rolda seguinte, onde entrará mañá á auga coa elite mundial do bodyboard que se atopan en Doniños: Mike Stewart, Pierre Luís Custos, Guilherme Tamega.


Tedes toda a crónica na seguinte ligazón:

http://www.deeplysurfusiom.com/index.php?option=com_content&view=article&id=82:cronica-dia-1-deeply-ferrol-pro&catid=1:latest-news&Itemid=50

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.