Xabi Pedemillo - Este sábado 26 cúmprese un ano da triste perda do noso gran amigo e bodyboarder Peich. Para renderlle homenaxe convocamos un baño libre na praia do Fonforrón, sobre as 12 da mañá. Farase unha ofrenda floral composta por todos os que queiran asistir e será entregarada ao mar. Todo o que queira asistir que traia o seu equipo completo de surf/bodyboard e unha flor.
Xa que a el nunca lle gustaron as despedidas tristes, lembrarémolo brindando no pico cunhas cervexas.
Evento no Facebook: http://www.facebook.com/event.php?eid=323533994340518