Finaliza a 1ª Proba do Galego Open de BB

Fgsurf.com - Finaliza a primeira proba do Circuíto Galego de Bodyboard en Rio Sieira (Porto do Son) cun bodyboarder local como vencedor: Nicolás Nieto impuxo o seu coñecemento das ondas locais para levarse o título da primeira proba de bodyboard do 2009. O sábado amencía con condicións escasas que foron mellorando ao longo do día para ofrecernos unha final coas mellores ondas vistas en competición durante o que levamos de 2009.


A pesar do desacordo dalgúns competidores, a organización acertou o decidir finalizar a proba durante o sábado xa que o domingo, tal e como se prevía, chegaba un forte vento de compoñente Oeste que dificultaba enormemente a práctica do bodyboard.

Estas eran as condicións o domingo 5 de Xullo ás 10:00 horas en Rio Sieira:

 

 

Fonte orixinal:

http://www.fgsurf.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.