Entrevista a Cristina Fernández

 

Cristina Fernández responde ás preguntas de SurfGz na súa primeira entrevista en internet despois do seu exitoso ano nas competicións de BB!

  • Nome: Cristina fernández--> MariCris Fer
  • Idade: 16 anos
  • Anos surfeando: 1
  • Spots que frecuentas: Doniños e Penencia
  • Estudos/Traballo: 1º de Bachiller biolóxico
  • Un hobby: surfear e xogar o tenis e paddel
  • Unha viaxe: Marrocos e Peniche
  • Un soño: umm.. irme con un patrocinador moi lonxe.. con Hawai chégame jejeje
  • Música preferida: sum41, oasis, fondo flamenco..
  • Sponsors: Cortxero
  • Mellores Resultados: 3º Europa, 1º España e 1º Galega
  • Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: un dia propúxenme apuntarme o grosso, parte dos meus amigos facían surf, comencei como un hobby, pero logo chegou a máis e máis, ata que empecei a competir e a gañar, é moi divertido, aínda que pasas moito frío no inverno.

Como e cando comezaches no BB?

Empecei o ano pasado, cos meus amigos ata que fun elixida por Kako García para o seu grupo, e empeceino a tomar en serio.

E a competir??

Tamén nese mesmo ano, recordo perfectamente a primeira vez, foi en Patos e quedara de 2º estaba moi nerviosa, non sabia como ía funcionar.

Como é un día normal na túa vida?

Un dia normal? pois levantándome as 8, entro no colexio as 8.30, salgo as 2, voume para casa, como moi rápido e voume para en Panes (cafeteria) onde ali Kako nos recolle para ir á praia, sempre solemos mirar varias praias para ver o mar e botarnos nas mellores ondas posibles.

Que che parece o nivel galego de BB??

Non moi bo a verdade, non hai moitas nenas neste deporte desgraciadamente.

Está mellorando o BB galego??

Eu teño esperanzas que para o próximo ano 2009 creza o numero de bodyboarders femininas.

Agora hai máis rapazas na auga??

A verdades é que non..

É difícil conseguir sponsor facendo BB??

Cústame un montón conseguir sponsor de buguies e de traxes, de roupa e accesorios foime sinxelo a verdade..

Acabas de rematar 4ª no Eurojunior 2008 celebrado en Agadir. Que sentes despois deste espléndido resultado??

Buf..non teño palabras. Cando cheguei ó hotel, o día que pasei á Gran final e despois de estar dende as 7 da maña surfeando, encendín o móbil e recibín unha mensaxe do meu entrenador, que eu penso que me alegrou máis, ese sms dicía o meu resultado. Nunca había competido en mais de 7 campionatos e ir coa federación a Marrocos pra min foi o mellor. Despois de ese día, chegou o seguinte a Gran final, dixéronme que tiña que entrar a primeira hora, é dicir, ás 8 da maña para min foi o peor, non puíden apenas acalentar, entrei nerviosa, con medo do tamaño, habia moita corrente e con picos definidos pero bueno xa estaba contenta de haber chegado a final polo cadro principal!

Que planes tes para o 2009, viaxes, campionatos?? viaxes?

Oxala.. espero conseguir un bo sponsor que me leve pero para iso si que hai que soñar.. espero ir o próximo eurojunior,  e o mundial... por que non? nunca se sabe. Teño que coñecer mundo,xente.. e por que non ondas?

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Cristina. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Estou moi contenta cos meus resultados e animo a todos os surfistas a que collan boas ondas, e un saúdo ó club Grosso de Ferrol e ó meu entrenador Kako Garcia xa que sen o seus consellos, as súas seleccións... non podería estar escribindo isto, e a federación galega por todos estes favores que me están a facer parabéns!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.