Nesta entrevista podes ler un pouco sobre a vida de Rubén Deza "Pincho", un dos mellores bugueiros da nosa terra e coñecer os seus proxectos para este ano 2009 que ven de empezar...
- Nome: RUBEN DEZA UBEDA
- Idade: 26
- Anos surfeando: 16
- Spots que frecuentas: Montalvo, Muertos.
- Traballo: Bodyboarder.
- Un hobby: Estar coa moza.
- Unha viaxe: FILIPINAS.
- Un soño: Vivir completamente do bodyboard.
- Música preferida: Escoito todo tipo de musica,a verdade que non teño ningun grupo preferido.
- Sponsors: MORMAIIEYEWEAR, MISSION, FUNDACION DEPORTE GALEGO, AGUA SANA, A BOTICA ROCK, HOSTAL O VAGABUNDO.
- Mellores Resultados: CAMPEON GALEGO, CAMPEON LUSO-GALAICO, 3ºCIRCUITO ESPAÑOL, 9ºCIRCUITO EUROPEO, 35º CIRCUITO MUNDIAL.
- Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: Que fagan o posible por levar a cabo os seus soños, nada é imposible.
E despois da súa ficha técnica, vas as preguntas e respostas:
Como e cando comenzaches no BB?
Pois fai xa agora uns 16 anos, alá polo 93, vin uns amigos maiores surfeando un dia na praia de Canelas e chamoume moito a atención. Ós poucos días xa estabamos con eles alí esperando que chegaran as ondas, eso si, sen traxe e con corchos que colliamos nas obras, hoxe en día, gracias a deus, os rapaces xa non pasan por esa etapa e xa comenzan a surfear con material adecuado.
E se mal non recordo dende ese día ata hoxe casi todo-los días estiven nalgunha praia xa fose aquí ou en calquer lugar.
E a competir?
No ano 97 en Tenerife foi a miña primeira competición e conseguín quedar terceiro, imaxínate a ilusion ...
Como é un día normal na túa vida?
Levántome, o primeiro que fago e mirar donde pode haber ondas, chamo pa mirar donde esta a xente, preparo todo, doulle un bico a moza, bótolle de comer o gato e xa estou camiño da praia, se hai boas ondas xa estou ali entrenando todo o dia, se non esta ben veño pra casa e fago o que teña que facer, despois sempre fago uns estiramientos ou unhas pesiñas; fago de cear, vemos un pouco a tele e a durmir. A verdade é que non me gusta andar moito dando voltas e tampouco saír.
Un dia calquera da miña vida podese resumir en 4 palabras: Moza, Familia, Bodyboard e Amigos.
Que che parece o nivel galego de BB??
Bueno, en comparacion con outros lugares en xeral e regular, pero tamen teño que dicir que en Galicia hai moi bos bodyboarders , posiblemente podería
dicir que algún incluso dos mellores do mundo. Ahora parece que estan a vir novas xeracions que se ve que traen boas maneiras, e esperemos que así sexa e que den outra vez a Galicia ese empurrón que lle falta.
Está mellorando o BB galego??
Eu creo que sí. Agora hai moitas escolas e clubes e cada vez son máis rapaces os que se intreresan polo noso deporte. No que a competicions se refire creo que non se mellorou nada, xa que non se teñen en cuenta aos competidores. Creo que debería de haber máis competicións e intentar darlle máis publicidade ó noso deporte, e creo que o que digo non seria moi difícil de facer, xa que fai anos se facia e habia menos axudas.
Cál e a mellor onda galega para facer BB??
Pra min sin lugar a duda a mellor onda é A Rana.
É dificil conseguir sponsor facendo BB??
Bueno, esto habería que miralo de moitas maneiras, si te refires a nivel material, creo que non é moi dificil se compites ou eres coñecido,
no que economicamente se refire é moi, moi difícil, xa que as marcas cada vez apoian menos, eu por exemplo, os 2 últimos anos recibín máis axudas de marcas non relacionadas co noso deporte, que das do noso sector ou sexa que imaxínate como estan as cousas.
Que planes tes para o 2009, viaxes, campionatos?
Este ano teño na mente centrarme o cento por cento no circuito europeo, xa que o que fixen o pasado ano é unha locura, competin en todo-los circuitos e non teño ganas de facelo de novo. Aparte acabo de deixar o meu patrocinador principal dos últimos anos e ata que a marca coa que estou negociando me diga algo ainda non sei. O que é seguro e que farei todo o circuito europeo, e que viaxarei a un par de bos destinos pa facer reportaxes fotográficas.
Acabas de estrear un blog na rede, por qué comezas este novo proxecto??
Pois principalmente foi que a xente que me coñece sempre me animaba a facelo, e pensei que seria unha boa maneira para que a xente me coñeza un pouco máis e que saiban o que estou a facer, e ademais, dar maior publicidade ós meus sponsors que me axudan coa miña carreira deportiva. E dalgunha maneira dar a coñecer máis o bodyboarder galego. O meu blog é www.bodyboardpropincho.blogspot.com
Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Rubén. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:
En primer lugar dárvolas gracias a SURFGZ por facerme esta entrevista, logo mandarlle un bico e darlle as gracias a miña moza, familia, amigos e sponsors por axudarme e confiar en min, e a toda a xente que me coñece. E desde aquí animar a xente a que se achegue ó noso deporte que é moi bonito, e as marcas que se mollen un pouquiño máis con nós. E os que xa surfeades moita sorte e que se cumplan os vosos soños.
Un saludo e boas ondas pa todos e gracias!