Adc Xisto Praia de Pantín - Tralo éxito acadado na pasada edición 2014, vémonos motivados e, en certo modo, “obrigados” a realizar esta II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín. O pasado ano adicamos as xornadas a desfrutar cos traballos de diferentes directores locais, nacionais e internacionais. As películas de Samuel NorthCoast amosando a actualidade do noso surf, e o seu documental sobre os principais fotógrafos de surf que desenvolven o seu traballo en Galicia, foi un dos grandes éxitos desta primeira mostra.
Tamén tivemos a oportunidade de ver importantes estreos, como o traballo de Andreas Jaritz “The Old, the Young and the Sea” que foi proxectada en Pantín a semana anterior a ser estreada no Festival de Cine de Surf de Santa Mónica, en California. Cos irmáns Joaquín e Julian Azulay (Gauchos del Mar) visitamos a costa pacífica de América e as marabillosas paisaxes de A Patagonia; e con Igor Bellido fomos de viaxe ata as lonxanas costas de Xapón, Filipinas e Taiwan. Jesús Busto presentounos o seu traballo sobre a II edición do campionato “Onda Longa”, e que dicir de Kepa Acero e “Gallo” que deixaron aos asitentes cos ollos abertos, pasmados polas experiencias personais e viaxes destes dous surfers eúskaros.
Nesta ocasión adicaremos dúas xornadas á Mostra. A cita será os días: venres 7 e sábado 8 de Agosto. O primeiro dos días, o venres 7, queremos adicalo ás producións galegas. Para isto, invitámosvos a todos os que queirades participar, a que nos enviedes os vosos traballos. Con eles faremos una selección cos catro millores e que serán proxectados ese día no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño, que este ano será a sede da Mostra. Estes catro traballos participarán da fase final na categoría de Mellor Produción Galega Audiovisual de Surf. A temática do traballo é libre, sempre e cando o contido estea relacionado co eido do surf. Agradécese a elaboración dos traballos en galego aínda que, esta non será unha norma excluínte. A data límite para a presentación dos traballos será o día domingo 5 de Xullo. Estes poderán ser enviados antes desa data, polo medio que consideredes máis axeitado. Para calquera dúbida, pregunta, proposta, queixa ou demais, podedes enviarnos un correo á dirección
Animádevos a participar e a compartir con todos nós estas xornadas na II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín. Charlas, concertos e outras actividades completarán as xornadas.
Saúde e boas ondas para todos!!
+ info e contacto en:
https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin?fref=ts
{fcomments}