SurfGZ.com cumpre cos requisitos establecidos na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, e a tal fin creou o seguinte aviso legal:
A utilización do Portal atribúe a condición de usuario do Portal, e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. A utilización de certos servizos ofrecidos aos usuarios a través do Portal atópase sometida a condicións particulares propias (en diante, as "Condicións Particulares") que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal. Por tanto, con anterioridade á utilización de devanditos servizos, o Usuario tamén ten que ler atentamente as correspondentes Condicións Particulares.
INFORMACIÓN XERAL
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual do sitio web www.surfgz.com e dos seus contidos (texto, imaxes, sons, audio, vídeo, deseños, creatividades, software) pertencen a surfgz.com ou, no seu caso, a terceiras persoas.
LIGAZÓNS
SurfGZ.com non asume ningunha responsabilidade sobre as ligazóns externas que, no seu caso, puidesen incluírse no sitio web, xa que non ten ningún tipo de control sobre os mesmos, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos.
CONTIDOS
SurfGZ.com resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no sitio web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que presta como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados.
O lector comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (por exemplo os foros de opinión) que SurfGZ.com ofrece, e a non empregalos para incorrer en actividades ilícitas ou contrarias á boa fe e ao ordenamento legal, e a non provocar daños nos sistemas físicos e lóxicos de SurfGZ.com, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente expostos.
MENORES DE IDADE
Para facer uso dos servizos ofrecidos polo portal de SurfGZ.com os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais, que serán considerados responsables de todos os actos realizados polos menores ao seu cargo. A plena responsabilidade na determinación dos contidos e servizos aos que acceden os menores de idade corresponde aos maiores a cuxo cargo se atopan.
LEXISLACIÓN APLICABLE
O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei vixente no Estado Español.
PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos persoais que nos forneza a través da páxina web www.SurfGZ.com trataranse de forma confidencial e pasarán a formar parte dun ficheiro titularidade de Francisco Xabier Campos Rei que foi debidamente inscrito na Axencia de Protección de Datos (www.agpd.es). Os seus datos persoais serán utilizados unicamente para xestionar os servizos acordados, e informarlle das noticias, produtos e servizos que puidesen resultar do seu interese relacionados coas actividades do portal.
Se non desexa recibir información sobre os nosos produtos e servizos envíenos un e-mail cos datos rexistrados e no asunto escriba anular subscrición.
Así mesmo informámoslle que pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición con arranxo ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, enviando un correo electrónico a
SurfGZ.com non vende, cede, aluga nin transmite de modo ningún información ou datos de carácter persoal dos seus usuarios a terceiros.
O Usuario garante que os Datos Persoais facilitados a SurfGZ.com son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación nos mesmos. O usuario será o único responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionar a SurfGZ.com ou a calquera terceiro por mor da cumplimentación dos formularios con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados.
surfGZ.com adoptou as medidas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais, tendo en conta en todo momento do estado da tecnoloxía, no entanto, o Usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.
A cumplimentación dos formularios incluídos no sitio web, implica o consentimento expreso do Usuario á inclusión dos seus datos de carácter persoal no referido ficheiro automatizado de surfGZ.com