2ª Mostra de Cine de surf da praia de Pantín

O vindeiro sábado, 15 de agosto, celebrarase no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño a 2ª Mostra de cine de surf da praia de Pantín, organizada pola asociación ADC Xisto Praia de Pantín. A mostra contará este ano coa participación de tres traballos, locais, nacionais e internacionais. Dentro do primeiro apartado local poderase ver o traballo realizado por Samuel Northcoast, no que presentará unha recopilación dos mellores momentos vividos polo director ao longo deste ano, facendo un percorrido por diferentes lugares e ondas da nosa xeografía.

"La primera ola", traballo documental sobre o nacemento do surf en España poderá verse dentro do apartado de traballos nacionais, o seu director, Pedro Temboury, acompañará aos asistentes durante a  proxección e participará nunha pequena charla-coloquio na que intercambiará as impresións sobre o seu traballo cos asistentes.

Por último, no apartado internacional, a película "The Fisherman's son" de Chris Malloy (o fillo do pescador) será a protagonista; un documental sobre o amor ao mar e importancia das accións individuais na súa conservación, unha historia narrada a través da vida de Ramón Navarro, o seu protagonista.
a mostra dará comezo ás 20:30 horas e terá unha duración aproximada de tres horas.

Debido ao limite no aforo no auditorio, será preciso solicitar a invitación para asistir ao evento, dita invitación poderá ser solicitada a través do correo electrónico da asociación (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e serán entregadas por rigurosa orde de petición. A invitación será necesaria para acceder ao auditorio.

Tedes + info en:

https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin?fref=ts

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.