Aquí tedes CROWDED SURF, o novo traballo de SURF & CÓMICS, o primeiro dunha serie de cómics dunha soa páxina e de ton humorístico que están a preparar. Neste primeiro tratamos un tema moi de actualidade: a masificación das ondas polo cada vez maior número de surfeiros. Nesta ocasión os debuxos son de DAPZ.
DAPZ, David Peréz, é un debuxante de formación autodidacta que leva 5 anos debuxando Islamundo, un proxecto persoal que publica en internet de forma regular e cuxa primeira parte se publicará en papel este 2017, grazas a unha exitosa campaña de Crowfunding. O seu estilo mestura influencias de todo tipo, desde a liña clara francesa (Yves Chaland) e renovadores da BD como Moebius, ao underground americano (Robert Crumb), pasando por clásicos da manga (Osamu Tezuka). Sen esquecer a clásicos españois como Carlos Giménez ou Daniel Torres.
Ante todo, dar as grazas aos nosos patrocinadores Honey Surfboards e Surfmarket.org
Links relacionados:
https://www.facebook.com/Surf-Comics-308273576190707/?fref=ts
https://twitter.com/surfandcomics
https://issuu.com/surfandcomics
{fcomments}