Despois de 2 meses de probas con este interesante candado surfeiro Surf Lock, publicamos esta nova pra darvos a coñecer as nosas impresións sobre este trebello. O candado é cómodo de levar, de abrir, de colocar e de fechar. Unha vez aparco o miña furgo o primeiro que fago e sacar as chaves do contacto e collo o candado. Vou pra parte dianteira e xa coloco o candado debaixo da defensa, no lugar que ten a furgo pra engancha-lo guindastre.
Saco a roupa e métome no meu neopreno. Collo a prancha, bótolle parafa e fecho a furgo. Gardo as chaves no candado, féchoo e márchome cara a auga máis tranquilo que nunca. Tamén o estou empregar os días normais que non collo ondas pero paso o día na praia. Deste xeito xa non teño preocupacións. Este é o candado que toda persoa debe levar no seu carro. :)
Podedes comprar varios tipos de candados para o voso coche e furgoneta en:
http://www.surfmarket.org/gl/anuncios-tenda/accesorios-coche
{fcomments}