Sete meses despois do nacemento de Surfmarket.org, as cifras de visitas da nosa web irmá non para de medrar e iso tradúcese en máis de 330 anuncios activos, os 18.000 anuncios visitados ao mes, máis de 270 usuarios rexistrados e 320 fans no Facebook. Nas Rías Altas tedes 58 anuncios activos, na Costa da Morte 21 anuncios e nas Rías Baixas 68 artigos á venda.
Este mes a web implementou varias melloras como por exemplo, a posibilidade de inserir un vídeo nos anuncios de escolas de surf, surf houses e shapers. Tamén estamos traballando nas traduzóns ao francés, alemán e italiano dentro do noso compromiso por promover unha ferramenta aberta a todos os usuarios da web.
Se queredes comprar e vender material de segunda man xa sabedes onde podedes facelo:
https://www.facebook.com/pages/Surf-Marketorg-Segunda-Mano-Surf-Bodyboard/157479427612947