Wavegarden UK

A empresa basca Wavegarden está desenvolvendo unha nova onda artificial na cidade inglesa de Bristol. Nestes momentos están tramitando as licenzas co obxetivo de abrir na primavera do 2013. Esta vai ser unha boa oportunidade de comprobar o potencial e a rendabilidade deste proxecto comercial xa que vai ser posible que xente de zonas de interior poidan sentir o surf.

Este proxecto consta dunha onda artificial, que pode chegar ao metro e medio e ter un percorrido de 55 segundos, arrodeada de xardíns botánicos, zona de surf e unha pequena praia para as familias con edificios ecolóxicos e sustentabeis. O proxecto ten unha pinta moi interesante polo tipo de onda e ser a semente do surf mundial do século XXI. Seguiremos informando.

Fonte da nova:

http://www.surfermag.com/Wavegarden-uk/

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.