Xa te podes descargar de balde a nova versión BETA de Camaramar de probas da súa aplicación para Android en Google Play e deste xeito estar informado das previsións na túa praia local e poder preparar millor os teus surfaris pola costa.
Camaramar é unha web xestioda polo rider de Ribeira, Manuel del Río, na que podes ver as mareas, imaxes en directo de varias praias galegas e cantábricas, as previsións para os vindeiros días e tamén info importante das diferentes praias con recomendacións pra durmir e comer.