Para cando unha agrupación galega da Surfrider Foundation?

Surf Rider Europa

Na actualidade a Surfrider Foundation conta con máis de 10.500 membros por toda Europa que fan posíbel o seu traballo grazas as súas doazóns e aportacións económicas. Grazas a todas estas persoas existe un forte movemento de protesta que traballa pola saúde das costas e a protección do medioambiente e das ondas. Tristemente en Galiza non existe un grupo organizado que colabore con eles mais existen clubes e persoas que si colaboran en accións puntuais como limpezas de praias.

Surf Rider Europa

Estas son as persoas que dirixen o equipo europe da Surfrider Foundation

Hoxendía contan con máis de 40 grupos locais por toda Europa e esperamos que pronto poidamos contar cun grupo de acción local galego que se integre na organización.

Novo vídeo de denuncia do Lixo nas praias

Tamén na súa páxina podes denunciar puntos de contaminación na costa europea dende a seguinte ligazón:

http://www.surfrider.eu/en/take-action/testify-a-pollution

+ info na súa web oficial: http://www.surfrider.eu

Canle no Youtube: https://www.youtube.com/user/surfridereurope/videos

SURF RIDER EUROPE

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.