Iº Trofeo Concello de Nigrán de Surf 1990 [VIDEO]

Novalbos - Decembro de 1990, despois de varios adiamentos por fin Pemán confirma que entra forte marusía e así poder levar a cabo o "I Campionato de Surf Trofeo Concello de Nigrán" na praia de Patos organizado polas inesquecibles táboas Frus e os seus creadores Kike Frus e Pedro Pinies e Pedro da tenda de surf Novalbos. Non se concibía un campionato que non fóra no Pico de Monteferro, no medio de Patos non se surfeaba e Prado considerabámola de pouca calidade como para facer o primeiro campionato de surf, por iso tiveron que esperar case un mes ata que por fin entraron boas ondas no Pico.

Os que saen neste vídeo apenas tiñan 15 ou 16 anos salvo os 7 ou 8 veteranos case todos por baixo dos 30 todos eles e algún mais son os auténticos pais do surf nas Rçias Baixas. Despois da proba fíxose unha entrega de premios no bar Central de Samil, as fotos pódense ver en: http://novalboswavecompany.blogspot.com
alí o noso amigo e dono do bar Tino convidou a cervexas a todos os presentes (éxito asegurado) e así pór punto final á primeira das 19 probas que leva organizadas o Clube Patos.

Texto: Pedro Novalbos


Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.