Agora que todo o mundo está a falar da nova piscina de ondas de Kelly Slater é boa idea mostrar este vídeo cun resumo das orixes das piscinas de ondas que xa teñen moitos anos e non son algo moderno. As primeiras piscinas foron construidas nos anos 20 e 30 en Europa e a máis coñecida da época foi 'Empire Pool' feita en Londres e aberta ao público en 1934 e funcionaba mediante 4 pistóns eléctricos que empurraban a auga pra crear ondas.
En 1966 foi aberta en Tokio a famosa piscina "Surf-a-Torium' e nela permitían surfear sen bañistas 15 minutos cada hora. En 1969 en Arizona, USA, unha xigantesca piscina foi aberta con temática polinesia e causou sensación pola calidade das súas ondas. Nesta época comezaron os primeiros campionatos de surf en ondas artificias.
Estes últimos anos o sector foi dominado pola empresa basca Wave Garden que ten en Gales o complexo Surf Snowdonia con ondas de gran calidade con prezos asequibles pero agora a nova piscina de Kelly Slater promete ser o paso definitivo na creación do surf artificial do futuro.
Vídeo Wave Garden 2013
Piscina de ondas de Kelly Slater
Onde vos gustaría surfear esta semana??
http://encyclopediaofsurfing.com/entries/wavepools
{fcomments}