Presentación do Océano Surf Museo

O Concello de Valdoviño levou a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf, que se celebrou esta pasada fin de semana en Avilés. Ata alí se desprazaron o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a concelleira de Turismo, Rosana García; Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, e representantes das escolas de surf do Concello, Iván Manso (Valdo Surf School); Samuel Pantín e Marcos Pita (Pantín Surf Camp) e Estitxu Extremo e David Pardo (Alawa Surf Camp).

A feira, amais da zona de exposición, tivo un programa completo de actividades, demostracións a cargo de campións destes deportes e charlas. Marco no que se encadra a presentación do Océano Surf Museo. A previsión do Concello é abrir as súas portas a finais de verán, coincidindo coa celebración dos 30 anos do Pantín Classic, campeonato de surf que se celebra no municipio.

Ubicarase na Casa da Cultura, edificio emblemático premio nacional de arquitectura e, na actualidade, o Concello traballa man a man coas escolas de surf do municipio e co Océano Surf Club nos contidos das instalacións, nos que se repasarán os orixes e historia do surf, prestarase especial atención ós seus precursores en Galicia e, tamén, ó Pantín Classic, unha das competicións máis senlleiras e veteranas do circuito.

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.