Fermoso documental do Océano Surf Museo que recolle a historia e as orixes do surf galego dende os seus comezos. Está composto de varios capítulos con diferentes historias moi interesantes.
"O surf é un deporte que varía tanto, segundo os días, segundo as sesións, segundo o teu estado de ánimo.. que realmente o que sentes varía segundo cada día ou cada sesión. Creo que non hai unha resposta única ao que sentes neste deporte e creo que niso está o valor do surf." - Vicente Irisarri.