Por que Pantín?? Historia do surf galego

Desde la Croa - Habendo outras praias mellor comunicadas e máis populares, sen dúbida máis dun preguntouse algunha vez, por que organizar unha proba do circuíto mundial en Pantín?.


O impulso orixinario naceu fai 22 anos, cando o surf, xa enraizado como deporte en Galiza era unha pequena criatura en crecemento. En 1987 non existía ningún clube, ningunha tenda e menos un campionato relacionado co noso deporte. Foi así como, coa idea de cubrir este baleiro, nacían case ao unísono o Océano Surf Clube, a tenda Aquasurf e o Pantín Classic, este último cun reto: organizar un evento que se puidese equiparar ao que por aquel entón xa existía en Francia, California, Australia ou Hawai. Ondas non nos faltaban.

Entre todas as praias elixiuse Pantín por unha serie de motivos que o tempo demostrou como claves para que o campionato púidose celebrar con éxito nestas 22 edicións.

Pola súa orientación Pantín, xunto con Campelo, é a praia de Ferrolterra na que o oleaxe entra dun modo máis directo, e por tanto a praia na que teremos sempre as ondas máis grandes, factor moi importante sobre todo cando hai pouco mar. Doutra banda e a pesar de ser a praia na que o mar entra con máis forza, debido á configuración da costa na súa contorna e da propia praia, Pantín é o areal que aguanta maior tamaño de modo ordenado, rompendo ondas surfeables de até 5 metros, cousa impensable nas demais praias. Ademais a canle á dereita de praia permite acceder á zona de rompiente con rapidez. Por tanto Pantín admite non só as ondas máis grandes, senón que é a mellor praia cando as condicións son pequenas.


Foto: ASP

A forma e pendente dos seus fondos ofrécenos ademais boas ondas tanto en marea baixa como en marea alta, case no mesmo pico, o que permite o desenvolvemento do campionato en calquera condición de marea sen ter que mover a infraestrutura do mesmo a outro emprazamento. Estes permite poder desenvolver en condicións normais un campionato durante practicamente as doces horas de sol do día.

Por último, a disposición do “outeiro” crea unha bancada natural o suficiente cerca do mar para que un bo número de espectadores poidan gozar do campionato.


Texto de Jesús Busto

Artigo orixinal en: http://desdelacroa.blogspot.com/2009/09/historias-por-que-pantin.html

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.