Riders e shapers de Pukas en Artsurfcamp Live TV - 17 de Xuño

Pukas e Art Surfcamp alían as súas forzas na praia de Razo para presentar un evento en directo con todos os ingredientes: Shapers internacionais, táboas, riders e surf. Johny Cabianca, Mikel Agote, Mario Azurza e Adur Letamendía compartirán experiencias e presentarán o PUKAS TEST PILOT 2012. Poderase facer preguntas en directo ás que eles contestaráns. Manuel Alonso, director técnico do Art Surfcamp, Jaime Azpiroz e Christan Haro, comerciais técnicos de Pukas, estarán tamén presentes.

Como ingrediente especial e exclusivo Pukas mostrará as táboas de Leds que tanta expectación xeraron: www.pukassurf.com/new.php?id=1010

Poderás seguir o evento en directo e participar na páxina www.artsurfcamp.com/live e a través de facebook de Artsurfcamp e de Pukas .

Este venres 17 de Xuño ás 11:30h.

Para máis información contactar con:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.artsurfcamp.com/live
638123495

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.