Campaña de Apoio aos Shapers Locais!

Surfmarket.org e SurfGZ.com lanzan hoxe esta campaña de apoio aos nosos shapers nestes tempos nos que as grandes marcas queren vender pranchas de fora a uns prezos altos. Mercar unha prancha de fora ten unha pegada de carbono moi elevada polo gasto en combustible no seu transporte. Asemade, os cartos do teu peto marchan pra fora a empresas que logo non invirten nas nosas praias nen nos nosos clubes. 

En Galiza temos un bo número de shapers locais que coñecen perfectamente as nosas ondas e saben como surfamos xa que nos ven na praia todos os días. Coñecen o noso peso e como colocamos as pernas cando estamos de pé na onda. Estes son os prinpicipais motivos polos que se vas comprar unha prancha nova, non dubides en contactar co teu shaper local e falar primeiro con el.

Seguro que consigues un prezo mellor e unha nova prancha máis adaptada ao teu nivel de surf.

Como Colaborar na Campaña?

Se queres colaborar nesta campaña soamente tes que copiar algún destes banners e pegalo no teu blog ou web con unha ligazón a este artigo que iremos mellorando e empregaremos como base desta campaña aos shapers locais na nosa costa.

Se xa tes o banner no teu blog avísanos e publicaremos un link teu neste artigo.

Banners da Campaña:

Banner 300 px x 300px

Banner 200 px x 200p


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.