Conversas con Iron Mountain

O outro día atopámonos con Román, o fundador dunha das marcas máis recoñecidas do shape galego e non puidemos resistirnos a facer unha pequena entrevista pra coñecer a súa opinión sobre certas cousas que rodean o surf e a fabricación de pranchas. Debaixo tedes o que foi esta pequena conversa e algunhas fotos dos seus últimos traballos.

Levas casi unha década shapeando pero nos gustaría saber como foron os teus comezos no mundo do shape?

Pois como todo o mundo eu creo, por curiosidade, saber que se esconde detrás dunha tabla de surf e o traballo que leva, todo isto gracias a un coñecido meu que se prestou a ensinarme o pouco que sabía. Despois xa foi algo habitual verme shapeando facendo pranchas para os amigos e tamén o meu propio quiver.

Podes explicarnos as diferencias do presente e o pasado? É máis fácil ser shaper hoxendía?

Eu non diría máis fácil porque non creo que shapear sexa máis fácil, pero si máis accesible. Hoxe é máis sinxelo atopar o material pra facer pranchas e tutoriais que te axudan un pouco a aprender determinadas técnicas básicas. Pero realmente onde aprendes é como antes, co contacto diario entre shapers aprendendo todos de todos, iso é o que te fai crecer. Ser shaper é unha palabra moi grande que esixe moito traballo, moitas pranchas, esforzo e humildade e que poucos poden levar con maiusculas, esas son as persoas que admiro e gústame aprender delas.

Nesta época de crise económica é posible fabricar tablas de calidade a bos prezos?

É moi complicado, pra ter un bo material de fabricación tes que pagar pola resina e o foam de calidade e a xente cada vez quere as cousas máis baratas, pero podemos diferenciar dous tipos de mercado: long e "retro", que está empezando a valorar moito o bo traballo feito a man e o mercado de pranchas tipo shortboard moi competitivo con moita demanda e competitivo. É complexo adaptarse a estes dous mercados pero se intenta.

Que opinas das tablas chinas de baixa calidade que inundan as nosas praias?

Pois que é algo que xa forma parte da nosa vida, xa non se sabe que marca fabrica en China e cal non, é moi complicado, realmente todos recorremos a China, xa non é cuestión de táboas se non de roupa, o que temos que facer cada un de nós é valorar prioridades, algo bo e de garantías ou algo que non coñecemos e que "sabe deus". En canto a táboas temos que ser pacientes e non comprar o primeiro que atopemos ou o máis barato e sobre todo e importante ser aconsellados por un un shaper ou persoal cualificado, isto é fundamental!!!

Como reparador que che atopas cando lévanche unha prancha a arranxar?

De todo, pranchas preciosas e coas que me quedaría, xoias do pasado que non lles dan aprecio, táboas destrozadas, de todo..  podería escribir un libro .

Que tal o teu equipo 2014? Pódesnos contar quen o forma?

Pois que me sinto moi orgulloso jejjejejej non busco aos mellores, se non que busco a xente que tanto no persoal como na auga poidan representar a IM con orgullo e que me poidan achegar novas ideas ás miñas formas. O equipo está dividido en dous bloques, en táboa curta promesas e en longboard/logger que é onde creo que a aportación é máis grande.

En táboa curta promesas teño a Manuel Costas, un mozo de Nigrán que leva comigo case catro anos e foi o primeiro integrante do Team, é alguén da casa que me axuda moito en difusión e achega un montón de ideas nas táboas e doutra banda teño a Pedro Suarez un neno de 11 anos que teño entre algodóns pola súa idade e que vai dar moito que falar nun futuro.

En long o equipo é moito máis amplo e diverso, teño a xente de 12 anos como Iago Formosel, promesa do long estatal, pasando por competidores de nivel cono poden ser os campións galegos Nestor Martínez e Alberto Mouriño ou freeriders como o italiano Ettore Burdese e Arantza da Pedraja persoas cun estilo impecable. Quizáis teño unha espinita cravada cun longboarder pero todo non se pode ter.

Cal é o espíritu de Iron Mountain Surfboards??

Creo que Im é algo que pretende ser divertido, dende o logo da nosa marca ata o que pretenden ser as miñas pranchas dentro da auga, pura diversión sen máis pretensións.

Despídete dos nosos lectores con algún comentario que queiras facer.

Pois que pensen moi ben que tipo de táboa e de surf queren facer e que consulten aos shapers, que non sempre a táboa máis bonita e co mellor debuxo é a que mellor se adapta a eles e que valoren realmente "se queren unha táboa ou divertirse ".

Se queres contactar con Roman e preguntar calquera dúbida sen compromiso podedes facelo a través do seu email en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tamén podedes contactar no seu FB: https://www.facebook.com/ironmountain.surfboards

E visitar o seu blog pra seguir o seu traballo: http://ironmountainsurfboards.blogspot.com.es

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.