O Grove, pola súa case que insularidade, non ten superficies verdes dabondo como para facer un campo de golf sen que se produza un grave impacto natural.Todo o área, está protexida dentro dos espazos da rede NATURA, Convenio RAMSAR, Área de especial protección para as aves..,etc. Que este área, non chege a ocupar toda extensión do monte Siradella-Feáns, non quere dicir, que esta zona non debe ser protexida DA ESPECULACIÓN e das mans do home, coas súas pretensións nada máis que económicas.
E de levarse a cabo a construcción do campo de golf así como a urbanización colindante, quedaría reducido á nada... isto coa súa correspondente grave deforestación, contaminación do solo por uso de pesticidas, un abuso de consumo do suministro de auga.É o único monte que temos para desfrutar e debemos loitar para preservalo e que os nosos fillos poidan facelo nun futuro. Precisamente o tesouro que temos no Grove son as paisaxes, a decisión está nas mans de todos nós..