Ecoloxía Denuncias Praia de Seiruga: unha nova agresión
Praia de Seiruga: unha nova agresión
Mércores, 21 Xaneiro 2009 19:33

"Xa está ben", pensan por Seiruga. "Xa está ben de ser a escombreira de Malpica". Ese é o sentimento de boa parte da vecindade de Seiruga, aldea malpicá da parroquia de Barizo, que cansa ante o continuo goteo de malas novas arredor da zona.

Alfonso Vidal, voceiro da Plataforma Seiruga Limpa, acodía ao Valedor do Pobo solicitando un estudo de Impacto Ambiental, sobre o proxecto de rexeneración da praia de do Cánido, que implica a extracción de area en "zona próxima" á Seiruga, que vemos sinalada neste mapa da dereita. Hai que lembrar que falamos dunha zona que agarda novidades da suposta planta acuícola, feito que xenera dúbidas de confusións na zona, ata o punto de chegar a pensar que a dragaxe da area para a rexeneración da praia pode ser un mero primeiro paso para a construción do tubo da piscifactoría.
Reaccións en casos semellantes

A Plataforma recabou información de moitos puntos sobre a rexeneración artificial de praias, decantándose de que todos os grupos ecoloxistas están en radicalmente en contra. Así, topamos con boa información de Greenpeace, ou coa reacción de ADEGA ante un proxecto semellante en Corcubión.

Greenpeace admite que esta clase de accións é un dos gastos máis habituais nos proxectos de concellos de Costa, ante a perda dunha das principais fontes de ingresos dos concellos turísticos costeiros. Ambos grupos aseguran que as extraccións de area en xacimentos submariños pode chegar a destruir ata o 60% das especies de vexetación da zona. A afectación ao marisqueo tamén sería moi importante.
Peticións

Dende Seiruga téñeno claro, e calquera obra terá que pagar o seu prezo, que nunca chegará a ser o xusto, pero polo menos suporía unha contrapartida para a xente da zona.

Solicitan ser informados da zona exacta de extracción ademais do Plan completo. Solicitan o compromiso de Costas, e que o concello se faga responsable ante caquera problema. Ademais, hai outra serie de peticións enfocadas ao acondicionamento dos accesos ás praias de Barizo, e construción de duchas e servicios para praia Pequena, a de Barizo e a de Seiruga.


Fonte orixinal: http://quepasanacosta.com/content/view/4170/26/

Visita o blog da Plataforma Seiruga Limpa para saber máis sobre esta agresión medioambiental

 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: